jueves, 21 de mayo de 2020

O Chouzo vai a Ourense!



Que vos parece que fagamos un percorrido polas 4 provincias galegas?
Alguén se marea?
Recomendamos que collades unha mochiliña con: auga, uns froitos secos para o camiño, "Biodramina" de precisala e moitas moitas ganas de pasalo ben.
Viaxaremos durante a semana e os venres faremos a nosa particular "parada" para coñecer máis o que se agocha tras cada provincia.
Hoxe, despois de case 100km de autobús dende o Chouzo,  será o día de adentrarnos en Ourense! Trouxestes traxes de baño? (Ides precisalo)
Este é o mapa de Ourense:


 Ten fronteiras con Pontevedra, Lugo, Portugal, Zamora e León.
Ten o entroido máis longo de Galicia festexado no triángulo máxico formado por Xinzo de Limia, Laza e Verín.
Pero sobre todo é a provincia coñecida como a capital termal de Galicia. 



Sabíalo?
Propoñémosche que nos deixes en comentarios se algunha vez estiveches nas súas termas e se lle recomendas a experiencia aos demais.
A explicación a que Ourense teña estas augas termais remóntase ao tempo dos romanos. 



Se che interesa saber máis sobre a vida dos romanos en Ourense e como esta cidade se foi levantando e convertendo no que hoxe coñecemos, recomendámosche que vexas este programa da CRTVG, é realmente visual e interesante.
 

 
E para rematar, sabias que en Ourense se inventou algún dos xogos tradicionais galegos máis populares como o da chave?
Aquí queda un recompilatorio de moitos deles para que xoguedes nas vosas casas estes días.



Se xogades, por favor, mandádenos unha foto vosa en marcha. Queremos ver dende os máis peques ata os máis maiores movendo eses corpiños xeitosos.
Esperamos as vosas imaxes con ilusión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario