viernes, 18 de diciembre de 2020

VENRES EN GALEGO 5ºB

 Os nenos e nenas da clase de 5ºB fixemos unha panxoliña moi coñecida e marchosa con letra propia: VENRES SABANERO. Agardamos que vos guste moito e o desfrutedes.

Vos desexamos un BO NADAL!




VENRES SABANERO

No Venres en Galego,

imos todos a falar

Si me ven, si me ven,

vou camiño de 5º B.


O Nadal está chegando,

imos todos celebrar.

O Nadal está chegando,

imos todos celebrar.

Si me ven, si me ven,

vou coa familia a comer.


Pero coa Covid,

só un núcleo familiar.

Pero coa Covid,

só un núcleo familiar.

Si me ven, si me ven,

unha multa vai caer.


Tuqui, tuqui, tuqui, tuqui

tuqui, tuqui, tuquitá.

Os nenos de 5º B,

os desexan Bo Nadal!

(bis)


No Venres en Galego,

imos todos a falar

Si me ven, si me ven,

vou camiño de 5º B.


Panxoliñas de Nadal,

imos todos a cantar.

Panxoliñas de Nadal,

imos todos a cantar.

Si me ven, si me ven,

en galego falarei.


Neste Venres Sabanero,

imos todos a bailar.

Neste Venres Sabanero,

imos todos a bailar.

Si me ven, si me ven,

co meu pé saludarei.



Tuqui, tuqui, tuqui, tuqui

tuqui, tuqui, tuquitá.

Os nenos de 5º B,

os desexan Bo Nadal!

(bis)


No Venres en Galego,

imos todos a falar

Si me ven, si me ven,

vou camiño de 5º B.


Tuqui, tuqui, tuqui, tuqui

tuqui, tuqui, tuquitá.

Os nenos de 5º B,

os desexan Bo Nadal!

(bis)



BO NADAL!!


viernes, 11 de diciembre de 2020

VENRES EN GALEGO 5ºA

 Neste Venres en Galego, a clase de 5°A fixemos unha pequena obra de teatro empregando un kamishibai (teatro de papel). 

Representamos "O conto do Apalpador" de Xoán González.

Chega o Nadal e queremos que todo o mundo coñeza a figura do Apalpador! Unha personaxe tradicional en Galicia, da que, por desgracia, cada vez se fala menos.



viernes, 4 de diciembre de 2020

VENRES EN GALEGO 6ºB

Os nenos e nenas de 6º B lembran un poema que Federico García Lorca escribiu en galego debido o gran amor que sentía pola terra de Galicia.

O poema titulase "Chove en Santiago"





jueves, 26 de noviembre de 2020

VENRES EN GALEGO 6ºA

 Comezamos os Venres en Galego coa clase de 6ºA de Primaria. 

Fixeron un rap que seguro vos encantará e vos sorprenderá.



Letra Canción Venres en Galego 6ºA
27 de novembro
Venres en galego
Cantamos dende o Chouzo
Para o mundo enteiro
Tes que te animar
Débelo falar
Non é tan difícil só tes que intentar.
VENRES EN GALEGO!
VENRES EN GALEGO!
Hoxe é o primeiro
Será moi especial
Prepara ben as palmas
Que comeza o rap
Dous golpes sobre a mesa
Palmada ó rematar
Que soe en todo o cole, veña dalle XA!
VENRES EN GALEGO!
VENRES EN GALEGO!




martes, 24 de noviembre de 2020

25 de novembro Día internacional da eliminación da violencia contra ás mulleres


Non estaría mal escoitar esta cantiga, facer unha paradiña e dialogar en familia o sentido desta data. Cada quen podería preguntarse que fago eu para loitar contra a violencia das mulleres?



jueves, 11 de junio de 2020

San Xoán

Nenos e nenas, achégase a Noite Meiga, a noite máis máxica do ano en Galicia… Estades preparados para vivir o San Xoán? Aquí vos deixamos algunhas recomendacións!

Lembra que a noite do Lume Novo comeza co luscofusco do 23 de xuño e remata ao abrente do día seguinte. Esta noite festéxase a noite máis curta do ano, o solsticio do verán, que vén a celebrarse dende hai milleiros de anos. Coa chegada do cristianismo a Galicia, comezou a celebrarse tamén o nacemento de San Xoán. Porén, son moitos os rituais ancestrais que seguen a realizarse na nosa terra. Se perduraron durante tantos anos, será porque funcionan, non? 

Pola tarde, debes comezar a facer o cacho. Primeiro hai que recoller as sete herbas de San Xoán, son sete herbas medicinais: fiuncho, fento macho, codeso, abeloura, malva, romeu e herba luísa. Despois, debes procurar a auga de sete fontes. As herbas teñen que quedar a remollo fóra, ao orballo da noite, para que adquiran máis maxia. Á mañá seguinte, colócate mirando cara ao oriente, para recibir os primeiros raios do sol e lava a túa face con elas,  así conseguirás protexerte de malas envexas.

Polo San Xoán a sardiña molla o pan. Non deixes de asar e cear unha boa sardiñada!

A noite do 23  lembra prender a túa cacharela na praia e saltar as lapas para limparte de todo meigallo e protexerte. Non esquezas as palabras máxicas:

Salto por riba
do lume de San Xoán
para que non me morda
cadela nin can
nin bicho vivinte
que ande polo chan.

Se estás nalgunha aldea do interior, xunta todo o material vello que atopes e pecha as entradas da vila, só deixa unha saída, para que todo o malo poida fuxir e non volva entrar. Non esquezas que esta noite están permitidas as trasnadas á veciñanza, esconde cousas, cambia todo de sitio… Sempre agochado/a para que non te descubran! 

Xa sabedes, rapazada, a gozar da noite!


Para facer:

Como festexas ti o San Xoán? Coñeces algunha outra tradición ou ritual de San Xoán? Gustaríanos que a compartises con nós! 


Inventa o teu propio feitizo de San Xoán e envíanolo!


Polo San Xoán, a sardiña molla o pan. En Galicia, hai un milleiro de refráns sobre San Xoán. Envíanos un que coñezas e debúxao.

 

As sete herbas de San Xoán varían duns lugares a outros. Pescuda que outras herbas se empregan neste día tan máxico.




Coñeces algunha cantiga popular adicada ao San Xoán? Compártea con nós! 


Envíanos o teu traballo a: dinamizachouzo@gmail.com 



jueves, 4 de junio de 2020

Lugo

Ola a todos e a todas!!! Chámome Breixo e hoxe veño aquí para facervos soñar cunha bonita viaxe!

O meu avó vive en Lugo e no verán os meus pais e eu decidimos pasar as vacacións con el. Non quixemos perdernos nada e aproveitamos para visitar unha chea de vilas da provincia. A xente foi moi boa e moi amable. Nas vilas da zona oriental, o galego é diferente. Rematan sempre as palabras en “-ois”, no canto de ”-óns”. É simpático escoitalos falar: montois, pantalois, fais… Ao avó chámanlle avolo… Hahaha…

O primeiro día da nosa viaxe quedamos a durmir preto de O Vicedo, onde están os cantís de O Fuciño do Porco, que se poden percorrer por un paseo estreito de madeira. Foi tan fermosa a nosa estadía alí, preto do mar, que tamén decidimos viaxar por outras vilas de A  Mariña Lucense ata chegar á Praia das Catedrais, en Ribadeo. Encantoume! A forza da auga furou a rocha e creou unhas covas e tamén uns arcos de máis de trinta metros de alto. 

Antes de chegar á capital da provincia, pasamos por Mondoñedo. Mondoñedo é unha vila moi bonita, cunha catedral construída entre 1230 e 1248. Preto de Mondoñedo tamén se atopa o castelo de Castro do Ouro, que pertenceu ao mariscal Pardo de Cela. Agora fabrícanse zocos alí. 

Lugo é unha pasada de cidade. Sabedes quen naceu en Lugo? O poeta Uxío Novoneyra e o actor Luis Tosar. Alí visitei algúns monumentos na cidade. O máis importante de todos eles é a Muralla, a única muralla romana no mundo que mantén o seu percorrido orixinal, de máis de dous quilómetros. Foi construída polos romanos hai máis de 17 séculos. Ten sete metros de ancho, entre dez e quince metros de alto, con  dez portas e conserva 71 torres das 85 orixinais. Conta a lenda que na antigüidade, o Deus Marte, deus da guerra, castigou ao seu fillo Oqu, vivindo cos humanos. Tempo despois, o emperador de Roma mandou construir unha muralla cuxo trazado pasaba pola cova na que vivía el. Oqu pediu que enviasen unha mensaxe ao emperador e que lle deixasen seguir vivindo alí. O emperador permitiulle quedar e fixéronlle unha porta na mesma muralla. Pasaron os anos e as fillas doutro emperador foron visitalo, pero non lles abriu e o pai delas anoxouse tanto que deu orde de arrestalo. Cando entraron na súa cova, parte da muralla derrubouse e nunca máis se soubo de Oqu. 

En Lugo tamén hai outras construcións romanas: as termas, unha ponte e unha Igrexa moi bonita a uns quince quilómetros da cidade, a Igrexa de Santa Eulalia de Bóveda. 

Lugo ten varias igrexas, pero a máis fermosa é a Catedral. Foi construída entre os anos 1129 e 1273, é de estilo románico e feita polo mestre Raimundo de Monforte. Foi adicada a Santa María. 

Viaxando cara ao sur da provincia, detivémonos a coñecer A Pobra de Navia co seu castelo e a súa ponte romana. Despois visitamos Piornedo e Pedrafita do Cebreiro, dúas aldeas moi famosas na que a veciñanza vivía en pallozas. As pallozas aínda se conservan, son casas circulares de pedra co teito de colma. 

Case me esquezo de contarvos que estiven no Castro de Fazouro en Foz, no Castro de Santa María de Cervantes e no Castro de Portomarín. As vivendas castrexas aseméllanse moito ás pallozas.

Por último, antes de retornar a Vigo, paramos a gozar dunha beleza natural, A Ribeira Sacra. Viaxamos en catamarán polo Cañón do Sil, fronteira natural entre as provincias de Lugo e Ourense e puidemos visitar moitas igrexas románicas que hai na zona. 


Para facer:

Hai unha lenda moi famosa na provincia de Lugo, a lenda da Cova do Rei Cintolo. Pescuda sobre esa lenda e envíanos algunha similar que coñezas. 


Indaga cales son os Concellos que se atopan na Ribeira Sacra e cóntanos que cousas interesantes podemos atopar neles.


Ao longo deste blogue, relatáronse algunhas lendas. Estamos no ano 2377.  Escribe a lenda onde o/a protagonista es ti. Como ou por que pensas que serás lembrado? 


Sabes que en Lugo se celebra o Arde Lucus, unha festa na que se conmemora a fundación da cidade e as persoas levan vestimenta daquela época? Convidámoste a confeccionar un traxe típico dos romanos con todo tipo de materiais. Envíanos a foto del! 


Envíanos os teus traballos a: dinamizachouzo@gmail.com

viernes, 29 de mayo de 2020

O Chouzo vai a Pontevedra!


Feliz venres familias!

A semana pasada fixemos un precioso percorrido por Ourense, nesta ocasión imos coller a mochila e quedarnos preto, na nosa provincia. Si, eso é ...Pontevedra!

Este é o mapa de Pontevedra:



Temos un sinfin de alternativas: montaña, costa, praias paradisíacas, historia, tradicións, gastronomía, natureza...

Os ríos Ulla e Miño fan de fronteira natural con Portugal, Ourense e A Coruña.

Pontevedra foi poboado dende milleiros de anos por moitas civilizacións, aínda que sen dúbida a que deixou máis pegada foi a dos romanos. Queredes saber máis? Pois neste vídeo percórrese a historia da cidade que lle da nome á provincia. 
 Vaise eliminando o aspecto actual de Pontevedra e realízase un retroceso no tempo.




Interesante verdade? Pois como seguro que nos quedaron gañas de máis, imos a             aprender moitas outras curiosidades da nosa provincia. Por exemplo: sabiades que hai historiadores que sitúan a Cristobal Colón en Pontevedra, ou que temos unha das maiores concetracións de arte rupestre de Europa???? 
 Botade unha ollada e deixarvos pasmar por todas estas curiosidades

Preme na foto
Veña! Imos a imaxinar que somos artistas rupestres e que deixamos a nosa pegada nas pedras. Podemos debuxar e pintar: cabalos, homes cazando ou motivos circulares. 

Así que busca unha pedra plana e utiliza a túa imaxinación... e non esquezas mandarnos unha foto da túa creación prehistórica🌴🐂🐂🐴




O PAPAGAIO RAVACHOL

Para rematar vouvos a contar a historia deste animaliño que vivía nunha farmacia de Pontevedra. 

Era moi bromista e metíase co boticario Perfecto Feijoo e os seus clientes. Cando morreu en 1.913 a cidade decidiu facerlle un enterro apoteósico o mércores de cinza.
Esa tradición segue hoxe en día e para que quedara testemuña, puxeron unha estatua na praza da Peregrina.




E ti, como te imaxinas a Ravachol? Eu así de bonitiño...con estética alegre e colorida.
Atrévete a facer o teu propio papagaio e o publicaremos na seguinte entrada!!




            
Ata o próximo venres! Lembrade, os venres... en galego!

jueves, 21 de mayo de 2020

O Chouzo vai a Ourense!



Que vos parece que fagamos un percorrido polas 4 provincias galegas?
Alguén se marea?
Recomendamos que collades unha mochiliña con: auga, uns froitos secos para o camiño, "Biodramina" de precisala e moitas moitas ganas de pasalo ben.
Viaxaremos durante a semana e os venres faremos a nosa particular "parada" para coñecer máis o que se agocha tras cada provincia.
Hoxe, despois de case 100km de autobús dende o Chouzo,  será o día de adentrarnos en Ourense! Trouxestes traxes de baño? (Ides precisalo)
Este é o mapa de Ourense:


 Ten fronteiras con Pontevedra, Lugo, Portugal, Zamora e León.
Ten o entroido máis longo de Galicia festexado no triángulo máxico formado por Xinzo de Limia, Laza e Verín.
Pero sobre todo é a provincia coñecida como a capital termal de Galicia. 



Sabíalo?
Propoñémosche que nos deixes en comentarios se algunha vez estiveches nas súas termas e se lle recomendas a experiencia aos demais.
A explicación a que Ourense teña estas augas termais remóntase ao tempo dos romanos. 



Se che interesa saber máis sobre a vida dos romanos en Ourense e como esta cidade se foi levantando e convertendo no que hoxe coñecemos, recomendámosche que vexas este programa da CRTVG, é realmente visual e interesante.
 

 
E para rematar, sabias que en Ourense se inventou algún dos xogos tradicionais galegos máis populares como o da chave?
Aquí queda un recompilatorio de moitos deles para que xoguedes nas vosas casas estes días.



Se xogades, por favor, mandádenos unha foto vosa en marcha. Queremos ver dende os máis peques ata os máis maiores movendo eses corpiños xeitosos.
Esperamos as vosas imaxes con ilusión.