jueves, 7 de mayo de 2020

A Coruña

Ola! Hoxe traémosche unha nova entrada ao blogue. Nesta ocasión, eliximos A Coruña e pareceunos boa idea contarvos algo sobre un dos seus monumentos máis importantes: a Torre de Hércules. 

Esperamos que vos guste e que gocedes coas actividades! 

A Torre de Hércules

A Torre de Hércules é unha torre e faro que está na cidade de A Coruña. É o faro máis antigo do mundo en funcionamento e mide 55 m. A súa orixe non está clara pero foi reconstruído polos romanos no século I. Durante a Idade Media deixou de empregarse como faro de navegación e tempo despois volveu a reconstruírse, sendo ramatada no ano 1791.

En 2007, a Torre de Hércules foi declarada Patrimonio da Humanidade. Para que un monumento sexa declarado Patrimonio da Humanidade, debe reunir unhas condicións que o fagan especial e único, por iso é un recoñecemento moi importante.

Conta a lenda que na antigüidade, a cidade estaba gobernada por un xigante chamado Xerión que se apoderaba da metade dos  bens e dos fillos dos habitantes. Estes cansáronse e chamaron a Hércules,  un heroe que loitou e venceu a Xerión. Enterrouno alí e iluminou o lugar cun facho. Nese mesmo lugar construíron a torre. Por iso, a torre chámase Torre de Hércules.

Porén, hai outra lenda que di que houbo unha primeira torre, construída polo rei celta Breogán, xunto coa cidade de Brigantia (A Coruña). Dende a Torre de Breogán, o seu fillo Ith avistou Irlanda, terra que despois foi conquistada polo seu sobriño Mil.


Se queres coñecer máis datos sobre a Torre de Hércules, preme aquí:





Para facer:

Coñeces algunha lenda máis? Anímaste a compartila con nós?


Emprega diferentes materiais que teñas na casa para facer a Torre de Hércules, un chisquiño máis pequena que a real. Aquí vos deixamos unha feita con “chuches”. Mándanos a foto! 



Non te perdas a visita guiada á Torre de Hércules! Este sábado! Preme aquí:

Apetéceche enviar o teu debuxo? Todos os debuxos serán expostos  no Centro de Interpretación e Atención a Visitantes da Torre de Hércules. Tamén recibiredes como agasallo o carné de amigos/as da Torre.
Envía o teu debuxo a:
dinamizachouzo@gmail.com 
torredehercules@coruna.es

Animámosvos a facer a vosa interpretación da lenda da Torre de Hércules! Escribe unha narración, un poema, diálogo, debuxo ou canción sobre a lenda con Breogán, Ith, Hércules e o xigante Xerión como protagonistas.

Envíanos todos os teus traballos co nome, apelido e curso a:

dinamizachouzo@gmail.com 

No hay comentarios:

Publicar un comentario