Canto sabedes de Ricardo Carvalho Calero? A ver se sodes quen de acertar todas as preguntas!
Convidámoste a coñecer esta obra de Carvalho Calero: “As pitas baixo a choiva”
EDUCACIÓN INFANTIL:
Anímaste a mandarnos unha foto das pitas e do galo de Carvalho Calero feitos por ti? É moi sinxelo! Só debes cocer un ovo e decoralo como ti queiras. Se o queres conservar, antes de colorealo, hai que retirar o interior e enchelo con area ou con arroz. Velaquí un exemplo:
EDUCACIÓN PRIMARIA:
Convidámoste a que continúes a historia das pitas. Que pasaría coas pitas e o galo dentro de casa?
As pitas poñen ovos e moitos e moitas de nós comémolos! Fixestes algunha comida esta semana que leve ovo? Déixanos a túa receita! Se queres tamén podes facer un vídeo titorial e mandalo ao noso correo!
Os Bolechas cóntannos a historia de Scórpio, o personaxe principal da novela "Scórpio" de Carvalho Calero. Preme aquí e descarga o libro!
https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero
Os Bolechas cóntannos a historia de Scórpio, o personaxe principal da novela "Scórpio" de Carvalho Calero. Preme aquí e descarga o libro!
https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero
Apetéceche cantar? Canta! Aquí che deixamos un poema de Carvalho Calero. Queremos ver como cantas e como bailas. Anímate tamén cunha coreografía ou versión musical diferente deste poema!
Xogamos? Serás capaz de chegar ao final?
EDUCACIÓN INFANTIL:
EDUCACIÓN PRIMARIA:
Esta semana estamos a homenaxear a Ricardo Carvalho Calero. Fai a túa homenaxe, dedícalle unha muiñeira dende a túa fiestra. Velaquí un exemplo:
Queremos galego! Tamén queremos que nos digas cales son as túas palabras favoritas do galego, facendo nubes de tags!
Envíanos todos os teus traballos a:
dinamizachouzo@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario