viernes, 18 de diciembre de 2020

VENRES EN GALEGO 5ºB

 Os nenos e nenas da clase de 5ºB fixemos unha panxoliña moi coñecida e marchosa con letra propia: VENRES SABANERO. Agardamos que vos guste moito e o desfrutedes.

Vos desexamos un BO NADAL!




VENRES SABANERO

No Venres en Galego,

imos todos a falar

Si me ven, si me ven,

vou camiño de 5º B.


O Nadal está chegando,

imos todos celebrar.

O Nadal está chegando,

imos todos celebrar.

Si me ven, si me ven,

vou coa familia a comer.


Pero coa Covid,

só un núcleo familiar.

Pero coa Covid,

só un núcleo familiar.

Si me ven, si me ven,

unha multa vai caer.


Tuqui, tuqui, tuqui, tuqui

tuqui, tuqui, tuquitá.

Os nenos de 5º B,

os desexan Bo Nadal!

(bis)


No Venres en Galego,

imos todos a falar

Si me ven, si me ven,

vou camiño de 5º B.


Panxoliñas de Nadal,

imos todos a cantar.

Panxoliñas de Nadal,

imos todos a cantar.

Si me ven, si me ven,

en galego falarei.


Neste Venres Sabanero,

imos todos a bailar.

Neste Venres Sabanero,

imos todos a bailar.

Si me ven, si me ven,

co meu pé saludarei.



Tuqui, tuqui, tuqui, tuqui

tuqui, tuqui, tuquitá.

Os nenos de 5º B,

os desexan Bo Nadal!

(bis)


No Venres en Galego,

imos todos a falar

Si me ven, si me ven,

vou camiño de 5º B.


Tuqui, tuqui, tuqui, tuqui

tuqui, tuqui, tuquitá.

Os nenos de 5º B,

os desexan Bo Nadal!

(bis)



BO NADAL!!


viernes, 11 de diciembre de 2020

VENRES EN GALEGO 5ºA

 Neste Venres en Galego, a clase de 5°A fixemos unha pequena obra de teatro empregando un kamishibai (teatro de papel). 

Representamos "O conto do Apalpador" de Xoán González.

Chega o Nadal e queremos que todo o mundo coñeza a figura do Apalpador! Unha personaxe tradicional en Galicia, da que, por desgracia, cada vez se fala menos.



viernes, 4 de diciembre de 2020

VENRES EN GALEGO 6ºB

Os nenos e nenas de 6º B lembran un poema que Federico García Lorca escribiu en galego debido o gran amor que sentía pola terra de Galicia.

O poema titulase "Chove en Santiago"





jueves, 26 de noviembre de 2020

VENRES EN GALEGO 6ºA

 Comezamos os Venres en Galego coa clase de 6ºA de Primaria. 

Fixeron un rap que seguro vos encantará e vos sorprenderá.



Letra Canción Venres en Galego 6ºA
27 de novembro
Venres en galego
Cantamos dende o Chouzo
Para o mundo enteiro
Tes que te animar
Débelo falar
Non é tan difícil só tes que intentar.
VENRES EN GALEGO!
VENRES EN GALEGO!
Hoxe é o primeiro
Será moi especial
Prepara ben as palmas
Que comeza o rap
Dous golpes sobre a mesa
Palmada ó rematar
Que soe en todo o cole, veña dalle XA!
VENRES EN GALEGO!
VENRES EN GALEGO!




martes, 24 de noviembre de 2020

25 de novembro Día internacional da eliminación da violencia contra ás mulleres


Non estaría mal escoitar esta cantiga, facer unha paradiña e dialogar en familia o sentido desta data. Cada quen podería preguntarse que fago eu para loitar contra a violencia das mulleres?



jueves, 11 de junio de 2020

San Xoán

Nenos e nenas, achégase a Noite Meiga, a noite máis máxica do ano en Galicia… Estades preparados para vivir o San Xoán? Aquí vos deixamos algunhas recomendacións!

Lembra que a noite do Lume Novo comeza co luscofusco do 23 de xuño e remata ao abrente do día seguinte. Esta noite festéxase a noite máis curta do ano, o solsticio do verán, que vén a celebrarse dende hai milleiros de anos. Coa chegada do cristianismo a Galicia, comezou a celebrarse tamén o nacemento de San Xoán. Porén, son moitos os rituais ancestrais que seguen a realizarse na nosa terra. Se perduraron durante tantos anos, será porque funcionan, non? 

Pola tarde, debes comezar a facer o cacho. Primeiro hai que recoller as sete herbas de San Xoán, son sete herbas medicinais: fiuncho, fento macho, codeso, abeloura, malva, romeu e herba luísa. Despois, debes procurar a auga de sete fontes. As herbas teñen que quedar a remollo fóra, ao orballo da noite, para que adquiran máis maxia. Á mañá seguinte, colócate mirando cara ao oriente, para recibir os primeiros raios do sol e lava a túa face con elas,  así conseguirás protexerte de malas envexas.

Polo San Xoán a sardiña molla o pan. Non deixes de asar e cear unha boa sardiñada!

A noite do 23  lembra prender a túa cacharela na praia e saltar as lapas para limparte de todo meigallo e protexerte. Non esquezas as palabras máxicas:

Salto por riba
do lume de San Xoán
para que non me morda
cadela nin can
nin bicho vivinte
que ande polo chan.

Se estás nalgunha aldea do interior, xunta todo o material vello que atopes e pecha as entradas da vila, só deixa unha saída, para que todo o malo poida fuxir e non volva entrar. Non esquezas que esta noite están permitidas as trasnadas á veciñanza, esconde cousas, cambia todo de sitio… Sempre agochado/a para que non te descubran! 

Xa sabedes, rapazada, a gozar da noite!


Para facer:

Como festexas ti o San Xoán? Coñeces algunha outra tradición ou ritual de San Xoán? Gustaríanos que a compartises con nós! 


Inventa o teu propio feitizo de San Xoán e envíanolo!


Polo San Xoán, a sardiña molla o pan. En Galicia, hai un milleiro de refráns sobre San Xoán. Envíanos un que coñezas e debúxao.

 

As sete herbas de San Xoán varían duns lugares a outros. Pescuda que outras herbas se empregan neste día tan máxico.




Coñeces algunha cantiga popular adicada ao San Xoán? Compártea con nós! 


Envíanos o teu traballo a: dinamizachouzo@gmail.com