jueves, 27 de mayo de 2021

Exposición itinerante sobre Emilia Pardo Bazán

 

Anímase a todas as familias do Ceip Emilia Pardo Bazán a ir ver a exposición itinerante de "nosa Emilia" na rúa do Príncipe.

 

lunes, 24 de mayo de 2021

 As nenas e os nenos de 4º B de infantil aprenderon unha fermosa poesía dos maios.  Para escoitala fai clik na palabra maios.

Maios

 As nenas e os nenos de 4º de Ed. Infantil A aprenderon os días da semana recitando esta canción todos os días na asemblea.  Mirade que ben os saben!!!

Canción dos días da semana

 Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!, respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?

Fai clik neste enlace para ver como as nenas e nenos de 6º de Infantil B cantan a canción de corre, corre cabaciña.


martes, 2 de marzo de 2021

8 marzo Día da muller

 Ainda queda moito camiño por percorrer para lograr a igualdade entre homes e mulleres. 
Dona Emilia Pardo Bazán (que da nome ao noso Cole) foi  unha pioneira na loita polos dereitos da muller a formarse.
Aquí tedes información para pescudar na súa traxectoria...
 

sábado, 30 de enero de 2021

VENRES EN GALEGO 3ºA


Os nenos e nenas de 3ºA crearon un pequeno rap sobre A Paz, 
para celebrar este día con todo o colexio. 
Esperamos que o gocedes como o fixemos nós ao rapealo.


"O Rap da Paz"    💖